O Pontevedra gaña 0-1 ao Coruxo no seu primeiro partido de pretempada

| | Partidos Pontevedra CF, Pretempada

6 meses. 6 meses foron os que necesitou o Pontevedra Club de Fútbol para volver disputar un partido en condicións. Desde aquel 2-3 en campo do Getafe B que non viamos aos xogadores vestidos de granate competir durante 90 minutos contra un equipo da mesma categoría. E tivo que ser o Coruxo FC, equipo revelación da tempada pasada, o que serviu como primeiro test para o novo persoal de Jesús Ramos.

E aínda que pasasen 6 meses parece que todo segue igual: un Pontevedra moi serio en defensa conseguiu levar a vitoria no campo de O Vao cun gol do pichichi do ano pasado Rufo, que no minuto 83 conseguiu de cabeza, como non, marcar o gol despois dun saque de córner.

Un partido típico de pretempada

Como non podía ser doutra maneira, o partido en O Vao foi o que debía ser: un primeiro achegamento onde os dous adestradores quixeron probar a todos os seus xogadores con diferentes esquemas e estratexias. Así Jesús Ramos, entre todo o plantel do Pontevedra CF, decidiu xogar na primeira parte con Mario Fernández, Santi Figueroa, Churre, Xisco Campos, Eneko, Romay, Imanol, Oier, Martín Diz, Jorge Fernández e Charles; conseguindo controlar o partido e sen deixar ao Coruxo achegarse demasiado, cousa que tampouco fixeron os granates neste primeiro tempo.

No segundo Ramos decidiu sacar un once totalmente diferente, poñendo a Álvaro Cortés, *Álex González, Aitor, Rufo, Pol Bueso, Adrián Cruz, Óscar Fernández, Pacheco, Vilariño, David Veiga e Pablo López sobre o campo. O certo é que con este once o partido cambiou en intensidade, sendo un pouco máis rápido e conseguindo moitos achegamentos á área. Tantos achegamentos á área houbo que un ex granate como Rivera estivo a piques de facer gol, estrelando o seu disparo contra o traveseiro. Foi pouco despois cando Rufo estrearíase esta tempada, marcando o 0-1 á saída do córner

Jesús Ramos: “las sensaciones han sido bastante buenas”

Nas súas declaracións post partido, ofrecidas polo Coruxo FC, o adestrador Jesús Ramos comentou que “las sensaciones habían sido bastante buenas la verdad (…), es un partido típico de pretemporada, pero la sensación han sido bastante buenas sobre todo a nivel defensivo, pero a nivel ofensivo tenemos que mejorar un poquito. Preguntado pola volta oas terreos de xogo, Ramos tamén destacou a volta de xogar contra un equipo: “claro que después de 6 meses es bueno (jugar contra otro equipo) (…). Al final tenemos que jugar contra nuestro subgrupo (…) tenemos gente nueva y así se aclimatan y conocen los campos en los que vamos a jugar”.

@CoruxoFC

Anterior

Canta xente poderá ir a Pasarón?

Suspendido o amigable coa SD Compostela por un positivo en COVID

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version