O Pontevedra ficha ao dianteiro uruguaio Gonzalo Bueno

| | ,

Parece que desde as oficinas granates non nos queren dar unha semana sen ningunha noticia ou sorpresa. A deste domingo, despois da vitoria #ante a CyD Leonesa, é o anuncio da incorporación do dianteiro uruguaio Gonzalo Bueno. É a terceira incorporación do pontevedra CF no mercado de inverno, despois de facerlle ficha a Derik e fichar a Javi Robles no mes de xaneiro.

O dianteiro de orixe uruguaia de 30 anos viría ocupar a ficha senior deixada pola marcha de Oier Calvillo. Esta tempada xogou no Central Español FC da segunda división uruguaia, onde deixou de xogar o pasado setembro despois de xogar 26 partidos, marcando cinco goles.

O xogador, que pode xogar en varias posicións da dianteira segundo as informacións, non ten gran experiencia en Europa. Estivo na VDE Almería a proba no verán de 2019 pero non convenceu nas filas andaluzas. Xogou en equipos de Portugal e Ucraína, pero con pouco éxito. Na actualidade atopábase sen equipo desde comezos de setembro ao finalizar a súa relación co Central Español, equipo co que descendeu á terceira división uruguaia.

O xogador será presentado mañá luns ás 13:00 horas en Pasarón.

Anterior

Vota por los mejores ante la Cultural Leonesa (1-0)

Samu Araújo di adeus á tempada

Seguinte

Deixa un comentario