“El Pontevedra nos dará guerra”
O adestrador do Cádiz CF coroou con esa frase a rolda de prensa previa ao partido de Copa do Rey #ante o Pontevedra Club de Fútbol. O equipo andaluz vén de empatar a 1 ante o Valencia en Mestalla e agora tócalle visitar Pasarón nesta segunda rolda da renovada Copa do Rey. Iso son moitos quilómetros ás costas e Álvaro Cervera, adestrador cadista, sábeo, polo que é de esperar que en Pasarón aliñe aos menos habituais.
E é que o Cádiz ten unha semana complicada. Despois do seu partido en Valencia, vén a Pontevedra e logo terá que xogar na súa casa ante o Alavés, un rival directo na competición doméstica #ante o que de seguro quererán conseguir os 3 puntos. Para Cervera o camiño para xogar ante o Pontevedra está claro: “Competir. Estos partidos nos dan la auténtica realidad de lo que somos. No se puede jugar contra un Segunda B igual que contra un Primera. Tendremos que jugar de otra manera y veremos lo que puede dar de sí el equipo. Este torneo no la vamos a ganar, así que intentaremos probar cosas y jueguen jugadores que tengan menos minutos”. Cando se lle preguntou polas posibles rotacións, o adestrador engadiu: “Jugadores que nosotros necesitamos que se incorporen pronto al equipo estarán. Jugadores que vienen de lesiones y otros que menos minutos llevan, ese tipo de jugadores”.
En canto ao Pontevedra e aínda que non se deu a convocatoria, Jesús Ramos non contará cos xa sabidos Romay e Adrián Cruz. A el úneselle a ausencia de Borja Martínez por baixa médica, polo que o técnico granate terá que facer grandes cambios no medio do campo para sacar un once de garantías. En principio, Charles poderá xogar este partido xa que a súa sanción sanción aplícase unicamente á liga, non aos partidos de Copa do Rey. Do mesmo xeito que Cervera, Ramos terá que pensar tamén no domingo, onde visitará Pasarón un Guijuelo que vén como penúltimo clasificado.