fbpx

O Alondras primeiro rival na fase galega de Cópaa RFEF

| |

Aínda que aínda quedan varios días para que o Pontevedra Club de Fútbol comece a súa pretemporada, os partidos que xogarán os granates comezan a saberse. Se xa coñecemos hai uns días o partido de preparación #ante o Racing Club de Ferrol, hoxe coñecemos xa como será a fase galega de Cópaa RFEF, máis coñecida como Copa Federación: o Pontevedra CF enfrontarase na primeira eliminatoria ao Alondras CF.

A eliminatoria celebrarase o próximo 8 de agosto a partido único e no Campo de Fútbol do Morrazo. En caso de pasar esta eliminatoria, os granates pasarían aos cuartos de final que se celebrarían o 15 de agosto de 2021 tal e como aparece no cadro que enviou a Federación Galega de Fútbol. As semifinais serán o 22 de agosto e a final o día 29 dese mesmo mes.

Esta primeira eliminatoria coincide co partido amigable programado contra o Racing Club Ferrol, polo que é de esperar a que un dos dous partidos cambie de data.

📸 PontevedraViva

Anterior

Ángel Rodríguez novo adestrador do Pontevedra CF

Alberto Rubio se une al Pontevedra CF

Seguinnte

Deixa un comentario