fbpx

Derbi galego contra o Compostela na primeira xornada de 2ª RFEF

| | ,

A Real Federación Española de Fútbol xa publicou o calendario da Tempada 2021/22 do grupo no que militará o Pontevedra CF a súa aventura na nova categoría recentemente creada chamada 2ª RFEF. E o sorteo non podía ser máis interesante para os afeccionados galegos: Pontevedra CF e SD Compostela medirán as súas forzas na primeira xornada no Estadio de Pasarón o 5 de setembro.

O novo Grupo I de 2ª RFEF está integrado polos seis equipos galegos, catro da Comunidad de Madrid, tres de Castela e León e os cinco da federación territorial do Principado de Asturias. Así os granates terán a súa primeira visita a domicilio ao campo do CD Móstoles (un descoñecido para case todos) e terminarán a primeira volta recibindo ao CD Palencia Cristo Atlético en Pasarón.

A diferenza da 1ª RFEF, a división superior tamén de recente creación, o calendario desta cuarta división é simétrico, polo que na segunda volta os granates comezarán visitando Santiago de Compostela e rematarán no campo palentino do CD Palencia Cristo Atlético.

O calendario da 2ª RFEF pode consultarse completo nesta ligazón do sitio web da RFEF.

Anterior

Alberto Rubio se une al Pontevedra CF

Luismi vuelve al Pontevedra como asesor y entrenador del filial

Seguinnte

Deixa un comentario