Canta xente poderá ir a Pasarón?

| | Novas

ACTUALIZACIÓN
Segundo adiantou Cope Coruña, a Secretaría Xeral para o Deporte xunto as autoridades sanitarias da Xunta de Galicia están traballando para que haxa clubes que poidan superar o límite de 1.000 persoas ao aire libre. Segundo a noticia, os clubes poderán meter nos estadios ata o 75% do aforo, pero deberán presentar un protocolo que deberá ser aprobado polas autoridades sanitarias. Este protocolo, ademais de ser específico para cada instalación, deberá incluir a obligación de que todas as persoas estén sentadas, leven mascarilla, garden a distancia de seguridade e de que as localidades sexan nominais, é dicir, identificadas co seu DNI. Asemade, deberá medirse a temperatura á entrada e poderá esixirse un protocolo de entrada e saída da instalación.

O ano 2020 será lembrado como un dos máis complicados de comezo de século e, se falamos de deportes, aínda aínda máis. E é que a situación da pandemia ocasionada polo Covid-19 está a levar ao límite a celebración de calquera tipo de deporte, sexa profesional ou non profesional. O mundo do fútbol, pola súa transcendencia na sociedade, é un dos máis destacados e comentados, sendo portada de telexornal calquera noticia que salga en canto á realización dos eventos deportivos.

O Consello Superior de Deportes (CSD) publicou esa tarde un documento coas recomendacións que deben seguir, a ollos do CSD, as diferentes federacións deportivas e os organizadores de eventos (clubs) para celebrar os eventos e realizar os seus adestramentos da maneira máis segura posible. No documento podémonos atopar suxerencias tales como o material necesario para realizar un partido, como deben cambiarse os xogadores no caso de necesitar vestiarios ou a responsabilidade da hixiene dunhas instalacións a cal, segundo o documento, será da federación ou do organizador do evento. Todo, por suposto, suxeito ás normas que din as autoridades gobernamentais a nivel nacional e autonómico.

Unha das suxerencias propostas polo CSD que máis vai dar que falar é sobre a asistencia aos eventos deportivos. Para o CSD, nas competicións non profesionais como a Segunda B e no caso de que a Comunidade Autónoma autorizase a asistencia de público, unicamente deberían asistir un máximo de 1.000 persoas, cifra que debería discutirse e revisarse a partir do 1 de novembro.

Só 1.000 persoas en Pasarón?

Despois da publicación do informe por parte do CSD quere dicir que só se poderán ir a Pasarón 1.000 persoas? Non. En realidade, esa cifra podería ser maior… pero tamén menor, e mesmo chegar a ser cero e non permitir ningún tipo de público. E é que o documento do CSD é unha recompilación de suxerencias que se dan desde a organización, pero todo vai estar suxeito ao que diga a comunidade autónoma ou, na súa falta, o Goberno de España tal e como reflicte o CSD no seu documento: documento del CSD es una recopilación de sugerencias que se dan desde la organización, pero todo va a estar sujeto a lo que diga la comunidad autónoma o, en su defecto, el Gobierno de España tal y como refleja el CSD en su documento: ” (…) con respeto siempre a los requisitos de carácter general establecidos por las autoridades competentes e incorporando las recomendaciones a los aforos que se acuerden en la Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud.”

Cando saberemos se se poderá ir a Pasarón a gozar do Pontevedra? É de esperar que nos próximos días os estamentos responsables emitan comunicados coa súa normativa, pero tal e como se está levando a situación, é posible que tarde en chegar máis do que nos esperamos.

Anterior

Álvaro Naveira deixa o Pontevedra e ficha polo Arenteiro

O Pontevedra gaña 0-1 ao Coruxo no seu primeiro partido de pretempada

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version