fbpx

Con Jaichenco e Figueroa para o partido contra o Adarve

| |

Non se esperaban grandes novidades por parte de Ángel Rodríguez para o partido contra o Unión Adarve. Con todo, o técnico sorprendeunos ao coñecer a lista de convocados que viaxarán a Madrid ao campo do líder do grupo: Santi Figueroa e Jaichenco entran por primeira vez nos plans do adestrador granate para un partido oficial.

A lesión de Rufo e a baixa de Iñaki por un proceso gripal fixeron que os dous canteiráns entren por primeira vez na lista. Entre as ausencias para a viaxe están, á parte dos dous mencionados, Martín Diz (habitual nas listas de Anxo) e Pacheco, que fora convocado en varias ocasións esta tempada.

Aínda que Rufo segue sendo baixa para o corpo técnico, na rolda de prensa previa ao viaxe Anxo Rodríguez comentou que «é máis importante telo ben que telo ao 70%». Con respecto á facilidade de Rufo para recuperarse de lesións, o adestrador granate tamén engadiu que «ten moitas ganas de volver, pero o máis importante é que non teña unha recaída e que cando volva, fágao coa confianza que estaba nos últimos partidos».

En canto ao Adarve, o adestrador comentou varias cousas sobre o equipo madrileño.«Es un equipo que compite bien, que tiene las cosas muy claras» (…) «Tenemos que intentar defender nuestra propuesta y nuestra idea y sacar el partido adelante». Ante la pregunta de cuál podría ser el esquema escogido en esta jornada para enfrentarse al líder, como siempre el entrenador no quiso desvelar nada, comentando que «podría ser Romay u otro, aunque el que va a estar ya lo sabe».

Ante a pregunta de cal podería ser o esquema escollido nesta xornada para enfrontarse ao líder, como sempre o adestrador non quixo desvelar nada, comentando que «podería ser Romay ou outro, aínda que o que vai estar xa o sabe».

A lista de convocados completa é: Álvaro Cortés, Santi Figueroa, Samuel Araújo, Churre, Miguel Román, Javi Rey, Álex González, Brais Abelenda, Romay, Oier, Pablo Cacharrón, Alberto Rubio, David Soto, Charles, Yelko Pino, Samu Santos, Seoane e Valentín Jaichenco.

Foto: Luciano Santiago, Diario de Pontevedra

Anterior

Con Jaichenco y Figueroa para el partido contra el Adarve

Vota por los mejores ante el Unión Adarve

Seguinte

Relacionado

El Pontevedra CF – CD Numancia se jugará el miércoles 19 de marzo

Ya tenemos hora para el partido suspendido entre el Pontevedra Club de Fútbol y el CD Numancia. El Juez Único de Competiciones No Profesionales ha ... Read more

El Pontevedra CF ficha al delantero Miguel Cuesta del Marino de Luanco

Sorpresa en las filas granates. Cuando todos los ojos estaban puestos en otro tipo de jugadores, el Pontevedra CF ha pescado en el propio grupo ... Read more

Deja un comentario