fbpx

Cinco conclusións despois do Pontevedra CF 2 – 1 FC Cartagena

| |

Pasamos á seguinte rolda de Copa do Rei e gañando a un Segunda División ni mais nin menos. O Pontevedra gañou con superioridade ao FC Cartagena por 2 goles a 1 e fixo que os que vimos o partido, tanto en Pasarón como dende casa, nos recuperaramos da amarga derrota ante o Coruxo domingo pasado.

Que podemos sacar en claro deste partido? Malia que é algo diferente ao que vemos en liga tanto polo rival como pola motivación dos xogadores, despois do partido si que se poden sacar cinco conclusións sobre o visto no campo de xogo

1. Temos porteiro suplente

Álvaro Cortés fixo un partido notable. Realizou un par de paradas moi destacables e vese que está enchufado e en forma pese a non xogar ningún partido en liga. Destacar tamén os seus saques de portería, os cales levaron sempre perigo ao ser moi directos e coller pouca altura.

2. A Charles téñenlle collida a matrícula

Que Charles é un dos xogadores máis destacados da categoría todo o mundo o sabe… pero tamén o saben os árbitros. Dende hai unhas xornadas estamos a ver os árbitros lle prestan mais atención ao xogador brasileño, insistíndolle moito mais nas explicacións e pitándolle calquer falta en contra aínda que sexa dubidosa. No partido de onte non foi unha excepción, cun árbitro que lle avisou de maneira algo sospeitosa moi temprano no partido por unha suposta simulación que non era.

3. Aitor segue sen contar para Ramos

Parece que Aitor Núñez segue sen contar para Jesús Ramos. O seu mal inicio de tempada puxo titular a Santi Figueroa e nin sequera nos cambio final na defensa o adestrador granate decidiu sacar ao lateral. Moito cambian as cousas ou o seu futuro no Pontevedra vai ser o banco.

4. Pol Bueso despexou as dúbidas

A comezo de tempada comentouse moito a non saída de Pol Bueso do plantel. O central non contara na tempada pasada e era estrano que quedara este ano vistindo de granate. Nembargantes, a súa titularidade demostrou que segue en forma e que pode xogar xunto a Churre e Xisco despois do cambio na defensa que se fixo para manter o resultado.

5. Queremos a este Alex en todos os partidos

O capitán granate fixo un partido sobresaínte. As súas intervencións pola banda foron do mellor do partido e un pesadelo para a defensa murciana. Despois dun par de xornadas nas que estivo algo desparecido, parece que Álex espertou do seu sono e está a recuperar o seu mellor nivel. Queremos ver este Álex nos partidos de liga que quedan.

Que te parecen estas conclusións? Sacaches ti algunha mais?

📸 Mónica Patxot, PontevedraViva

Anterior

Adrián Cruz podería estar de baixa entre 5 e 8 semanas

Cinco conclusiones después del Pontevedra CF 2 – 1 Cartagena FC

Seguinte

Relacionado

Precios populares y entradas gratis para buscar el ascenso

El Pontevedra CF puede confirmar su ascenso a Primera RFEF de manera matemática este domingo en su partido contra el CD Laredo y lo quiere ... Read more

El Pontevedra CF organiza un viaje a Salamanca con el ascenso en el horizonte

La emoción se dispara entre los aficionados del Pontevedra CF, que este domingo vivirán una jornada decisiva en Salamanca. El club ha organizado un viaje ... Read more

Deja un comentario