Churre renova co Pontevedra CF

| |

Todos sabían que era cuestión de tempo e así foi: Churre renovou o seu contrato co Pontevedra Club de Fútbol. Lupe Murillo, presidenta do Consello de Administración do Pontevedra Club de Fútbol SAD, confirmouno na rolda de prensa organizada o pasado venres para a presentación do PonteCampus 2021.

Segundo as propias verbas de Murilllo, a renovación co central marinense “está prácticamente hecha”, e é que “Churre se quería quedar, ya lo dijo, pero como sabéis hay que valorar las opciones, las posibilidades y la situación”. Desta maneira, confírmase que un dos piares da defensa granate como é Victor Vázquez será, polo menos, granate unha tempada máis.

Do que non se sabe nada aínda é do futuro ocupante do banco granate. Ao ser preguntada por este asunto, a presidenta comentou que nos próximos días teriamos unha resposta. Os candidatos aínda están no aire, e é que a pesar de que a semana. pasada gañaba enteiros a permanencia de Luisito, nos últimos días parece que esta opción perdeu enteiros, polo que podería acabar no banco granate un nome que aínda non saltou á palestra dos rumores.

Anterior

A RFEF dá a razón ao Pontevedra e o Xuvenil ascende a División de Honra

Así es el grupo del Pontevedra CF en 2ªRFEF

Seguinte

Deixa un comentario