Churre perderase o partido contra o Ceares

| |

Despois da traballada vitoria diante da UP Langreo, o Pontevedra afrontará o próximo partido en Pasarón cunha baixa importante: Víctor Vázquez “Churre”.

O central granate viu a dobre amarela contra a UP Langreo no minuto 81, deixando ao equipo cun menos durante os últimos 10 minutos do partido. Aínda que a entidade recorra a amarela, o central perderase sempre o seguinte partido en casa, xa que estaba apercibido con 4 cartóns amarelos antes de xogar en Langreo, polo que aínda que a segunda amarela sexa recorrida, a quinta sempre será válida e terá que cumprir un partido de sanción de todas as maneiras.

Con esta baixa, Ángel terá que utilizar a xogadores que non tiveron minutos como Samu Santos ou xogar cun esquema diferente como 3 defensas, unha colocación no campo que xa vimos esta tempada nalgún partido, pero máis por situacións de intento de remontar que por necesidade, como será nesta ocasión.

Anterior

Churre se perderá el partido ante el Ceares

Oier Calvillo sofre unha micro rotura no cuadricep

Seguinte

Leave a Comment