Cholo terá unha escultura á beira de Pasarón

| | ,

Eduardo Dapena Lis, máis coñecido como Cholo, foi o elixido para presidir en forma de escultura o novo parque que será reformado na rúa Luís Otero, á beira do Estadio de Pasarón. A elección foi comunicada hoxe polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra despois de finalizar a votación que se abriu a todos os pontevedreses hai meses. Cholo recibiu 645 dos 1.878 votos realizados, seguido moi de preto con 531 por Neme. Compartiu o podio outro xogador mítico do Pontevedra CF, Ceresuela, que recibiu 239 votos.

O eterno capitán granate que estivo seis tempadas no Pontevedra CF na época do ‘Hai que roelo’, terá a súa estatua unha vez efectúese a remodelación integral do parque que ten previsto realizar a Concellería de Desenvolvemento Sostible levada. O parque, situado na rúa Luís Otero detrás da bancada de Fondo Norte, estará tematizado na historia do Pontevedra Club de Fútbol, incluíndo un campo de “street fútbol” entre as súas instalacións e varias decoracións que lembrarán ao equipo granate. O prazo de execución do proxecto é de seis meses desde o inicio das obras, as cales se descoñece aínda cando comezarán.

Iván Pontes, concelleiro responsable do proxecto, destacou na presentació do resultado a parte curiosa das votacións, onde ademais doutras personalidades granates como Charles ou Pablo Couto, tamén houbo votos a Gelillo, Roelio e mesmo un voto a Libasse Guèye.

Anterior

La RFEF impone el horario unificado para las dos últimas jornadas

Juan Señor: “Tienes que sumar de tres y a partir de ahí pensar en el siguiente

Seguinte

Deixa un comentario