fbpx

Charles volve ao Pontevedra CF

| |

Non é un espexismo, non é un rumor. Charles volve ao Pontevedra. Charles será parte do plantel granate na Tempada 2020-21. Despois da súa desvinculación da SD Eibar esta misma semana, hoxe se confirmou a volta do fillo pródigo. Tal e como comentou no episodio do podcast Fondo Norte, Charles quería volver ao clube que lle deu a oportunidade de xogar en España e no fútbol profesional e escolleu esta tempada para facelo.

Charles ven de estar 3 tempadas na SD Eibar, onde xogou 100 partidos e marcou 32 goles. Ven á Boa Vila con 36 anos, nunha forma física que lle permitiría xogar uns anos mais como profesional, pero escolleu vir ao Pontevedra nunha etapa tan importante como vai ser esta tempada de transición, coa posibilidade de ascender a Segunda División ou a Segunda B Pro.

Os detalles da súa contratación saberanse na súa presentación oficial, que será hoxe ao mediodía.

Anterior

Charles vuelve al Pontevedra

O Pontevedra confirma a continuidade de Rufo

Seguinte

Relacionado

Brais Abelenda vuelve y ficha por el Pontevedra CF

La frase bíblica del regreso del hijo pródigo se aplica hoy a la actualidad del Pontevedra Club de Fútbol. Brais Abelenda vuelve y ficha por ... Read more

Sonriamos porque ocurrió

Ayer terminó el sueño del Pontevedra CF de la Copa del Rey. Y lo hizo con la cabeza bien alta, siendo fiel a su estilo, ... Read more

Deja un comentario