Charles perderase só 2 partidos

| | , , ,

Como todos os mércores hoxe saíron as resolucións do Xuíz Único de Competición que asigna as sancións nas diferentes categorías do fútbol español e as noticias non podían ser mellores. Despois da expulsión de Charles contra a Unión Deportiva Llanera, no club temíase que a sanción fose maior do habitual ao indicar o colexiado na acta que o xogador se había referido a el “de maneira agresiva”. Finalmente, o Xuíz castigou ao xogador granate unicamente con dous partidos.

E é que o termo “de maneira agresiva” podía ser interpretado polo Xuíz como unha actitude violenta diante do colexiado, sendo o castigo para isto catro partidos mínimo. Finalmente, o Xuíz decidiu unicamente poñerlle os dous partidos de rigor correspondentes ao castigo por vermella directa, polo que só perderase os partidos contra a Gimnástica Segoviana en Pasarón e #ante o Coruxo FC en Ou Vao.

Na mesma resolución, puidemos coñecer que a Ximnástica Segoviana visitará Pasarón sen dúas dos seus xogadores habituais: Adeva e Sergio Cidoncha.

Anterior

Entradas máis baratas e promoción para socios contra a Segoviana

O Pontevedra Xuvenil gana ao Ural con aliñación indebida

Seguinte

Deixa un comentario