fbpx

Borjas Martín ficha polo Club Valencia da Premier League de Maldivas

| | ,

Despois da lesión de longa duración de Romay, en moitos granates apareceu un raio de luz ao saber que o extremo Borjas Martín estaba sen equipo e preparado para incorporarse a calquera disciplina. Pero ese raio de luz pronto se apagou, xa que o xogador canario anunciou que ficha polos dous próximos anos polo Club Valencia da Dhivehi Premier League de Maldivas. Un destino exótico para un xogador desexado en Pontevedra.

https://twitter.com/borjasmarting/status/1336957025671143426
Tweet de Borjas Martín anunciando su fichaje por el Club Valencia

Borjas Martín chegou ao Pontevedra CF na tempada 2015/16, tempada na que o Pontevedra volvía a Segunda B despois do seu curto periplo en Terceira División e na que necesitaba referendarse. Xogou de granate 36 partidos, marcando 12 goles e deixando moi bo sabor de boca polo xogo que ofrecía no campo. Lamentablemente, Borjas só durou unha tempada ás ordes de Luisito, marchándose ao Real Murcia a tempada seguinte despois de despedirse de Pasarón co gol do empate a 1 #ante o Burgos na última xornada.

Nunhas declaracións en setembro ao medio Deporpress, Borjas dicía , después de pasar tres anos en Finlandia xogando no Esport Honka FC, voltaba Canarias para «descansar y no tomar decisiones en caliente». Pero tamén engadía que “Soy una persona de extremos: o me quedo cerca de casa, o me marcho lejos”; “quiero nuevos retos, sea en España, Canarias o en el extranjero”. Pois si que se foi lonxe.

Anterior

Borjas Martín ficha por el Club Valencia de la Premier League de Maldivas

Coruxo y Pontevedra se enfrentan con la misma necesidad de ganar

Seguinte

Relacionado

Brais Abelenda vuelve y ficha por el Pontevedra CF

La frase bíblica del regreso del hijo pródigo se aplica hoy a la actualidad del Pontevedra Club de Fútbol. Brais Abelenda vuelve y ficha por ... Read more

Sonriamos porque ocurrió

Ayer terminó el sueño del Pontevedra CF de la Copa del Rey. Y lo hizo con la cabeza bien alta, siendo fiel a su estilo, ... Read more

Deja un comentario