Borja Martínez súmase ao plantel granate

| |

Continúan as novidades no Pontevedra CF para a tempada 2020-21. Nesta ocasión a fichaxe ven para o centro do campo e ten o nome de Borja Martínez, coñecido xogador do Grupo I pertencente ao Getafe B. O acordo do Pontevedra e Borja levaría firmado días, tal e como adiantou Radio Pontevedra, pero o anuncio da súa fichaxe non se materializou ata hoxe mesmo.

Borja Martínez é un mediocentro organizador, procede do Getafe B, equipo onde exerceu a capitanía el aternou bastantes titularidades con suplencias, en parte por unha lesión que lle tivo apartado bastante tempo. É un xogador habilidoso e que manda no centro do campo. No seu pasado futbolístico atopámonos equipos como Espanyol B ou Atlético Baleares, onde manteu case sempre a titularidade.

A tempada pasada, Borja xogou 17 partidos e marcou un gol ante o Coruxo.

Anterior

Óscar Fernández, nuevo extremo del Pontevedra CF

Aitor Núñez, nova incorporación granate

Seguinte

Deja un comentario