Borja Domínguez volve ao Pontevedra CF

| | , ,

Un dos xogadores máis desexados nos últimos anos pola afección vai vestir a camiseta granate este ano, e dúas máis: Borja Domínguez volverá xogar en Pasarón despois de deixar atrás o Racing de Santander.

O vigués volve á que foi a súa casa na tempada 2018/19, na que veu a Pasarón no mercado de inverno desde o Alcorcón e onde deixou un moi bo sabor de boca na afección xogando 14 partidos e demostrando a súa calidade marcado ata 3 goles desde a súa posición do medio do campo. Borja vén do Racing de Santander despois de ascender con el a Segunda División. En terras cántabras, o xogador de 30 anos xogou exactamente 30 partidos e marcou un gol contra o Bilbao Athletic.

Nas súas declaracións no programa Galicia en Goles de Radio Galega, o xogador comentou o contento que está de volver vestir a camiseta granate por dous anos: “Cando apareceu a oportunidade, xa tiña claro que quería regresar” (…) “No momento da miña carreira e vida, o mellor era volver a esta cidade onde tanto cariño recibín sempre”

Anterior

Mario Ortiz reforza o mediocampo granate

Pablo Cacharrón opérase do menisco interno do xeonllo

Seguinte

Deixa un comentario