fbpx

Bailemos

| |

El miedo de que nadie nos pida un adiós
y que no toquen mis manos de nuevo
y que no mueva mis pies en el suelo.
Bailando hasta que todo acabe.
Ya no importa lo que digan y menos lo que callen.
Que nos miren, que sientan, que rían, que se unan al baile.

IZAL – El baile

O Pontevedra CF SAD decidiu tirar a casa pola xanela coa promoción do último partido da tempada. Xogámonos tanto que desde a entidade deixaron atrás os seus medos e reticencias e decidiron poñer a prezo hiper reducido as entradas de todas as bancadas (10€ Tribuna e 5€ o resto cos nenos entrando gratis) e regalar unha entrada cada socio no seu mesma bancada.

Nun alarde de orixinalidade moi ben traído, chamaron a esta promoción “El Último Baile”, mesmo título que laserie documental de Netflix onde se conta durante 10 episodios a última tempada do histórico Michal Jordan nos Chicago Bulls. Os xogadores acabarían gañando o seu sexto anel e aínda que tiveron do seu lado a calidade superlativa do 23, os Bulls daquela época lémbranse tamén por ter a unha afección entregada ao máximo cada vez que xogaban no United Center. Nós temos que escurecer un pouco a cor das nosas camisetas e facer o mesmo: temos que bailar.

Bailemos durante toda a semana animando e convidando á xente para vir a Pasarón. Bailemos esquecendo todo o que non nos gustou durante toda a tempada e decidamos ir o domingo coa nosa maior das enerxías. Bailemos poñendo bandeiras granates nos nosos balcóns, lembrando á xente o partido do domingo coas nosas camisetas e asolagando as redes sociais con mensaxes de unidade aos nosos xogadores e afección para este partido decisivo. Este é o momento no que temos que demostrar a afección que somos e deixar o mínimo de asentos libres aos de fóra.

Como di IZAL, bailemos, bailemos ata que todo acabe, que nos miren, que sintan, que rían e que se unan ao baile. A este baile granate que se vai celebrar o domingo entre cafés e croissants e que nos vai a levar ao obxectivo que todos desexamos durante toda a tempada: ascender.

Manu Quiroga é un dos responsables detrás PontevedraCF.Net. Compaxina o seu traballo como Consultor e Desarrollador TIC coa súa paixón polo Pontevedra Club de Fútbol. Fiel a fondo Norte, gustaríalle saír menos enfadado de Pasarón cando o Pontevedra perde, pero é algo que non pode remediar.

@Manuls

Anterior

El Pontevedra recurre la amarilla a Charles ante el Ceares

O ilóxico Xuíz de Competición non quita a amarela a Charles

Seguinnte

Deixa un comentario