Así es el grupo del Pontevedra CF en 2ªRFEF

| |

Despois da reunión dos representantes federativos celebrada hoxe en Las Rozas, xa se coñece a formación dos grupos de loa 2ªRFEF, división na que militará o Pontevedra Club de Fútbol na tempada 2021/2022. Os asistentes á reunión votaron finalmente a composición dos cinco grupos que conformarán a nova división da Real Federación Española de Fútbol, e ao Pontevedra CF tocoulle coas comunidades autónomas de Asturias, Comunidad de Madrid, Cantabria e parte de Castela León, sumándolle a estes territorios os equipos galegos.

Así o Pontevedra CF estará no Grupo I e enfrontarase a tempada que vén aos seguintes equipos:

  • Galicia: SD Compostela, Coruxo FC, Arosa SC, Bergantiños FC e CD Arenteiro.
  • Asturias: Real Avilés, UD Llanera, Marino de Luanco, UC Ceares e UP Langreo.
  • Castilla y León: UD Salamanca, Gimnástica Segoviana e CD Cristo Atlético.
  • Comunidad de Madrid: UD Adarve, CD Móstoles, Leganés B e CDA Navalcarnero.

Asemade da composición dos grupos tamén se coñecen as datas importantes da nova tempada. O inicio de liga será o 5 de setembro e finalizará o 15 de maio, sendo os play off do 22 ao 29 de maio en sede neutral. O sorteo do calendario farase o 19 de xullo e a división terá para a tempada 2022-2022 entre 25 e 28 prazas para a Copa do Rey.

Composición 2RFEF Pontevedra CF
Composición 2RFEF Pontevedra CF
Anterior

Churre renova co Pontevedra CF

Luisito no seguirá en el Pontevedra CF

Seguinte

Deixa un comentario