Ángel Rodríguez apunta que “algún cambio puede que haya” contra o Real Avilés

| | ,

habitual rolda de prensa previa á xornada, o adestrador Ángel Rodríguez respondeu as preguntas dos compañeiros xornalistas e deixo varios comentarios sobre o estado do equipo, o rival e tamén o once co que vai saír este domingo #ante o Real Avilés. Aínda que o Pontevedra vén de dous partidos que podían afectar animicamente aos granates, Ángel Rodríguez non está preocupado:“Hicimos todo lo que debimos haber hecho para ganar. Estuvimos todo el partido en campo contrario y seguramente el penalty hubiera cambiado todo”

O Real Avilés é unha das salidas máis difíciles da tempada e Ángel Rodríguez o sabe: “Por el equipo que es, en el momento en el que está nos va a poner las cosas complicadas (…) “Va a ser un partido que va a tener momentos para los dos equipos, un partido abierto con dos equipos que tienen propuesta ofensiva. Va a ser un partido entretenido para cualquiera que vaya allí”. Nembargantes, o técnico non está preocupado e si concentrado xa que, segundo as súas propias verbas “somos el rival más complicado para cualquier local”.

Vai haber cambios no once inicial contra o Real Avilés? O adestrador tennos afeitos a non querer desvelar en ningún momento os seus plans para o partido, pero todo parece indicar que diante do equipo asturiano haberá novidades, tanto en forma de necesidade debido á dúbida de Romay por unha sobrecarga, como polas súas palabras en rolda de prensa. E é que preguntado sobre se Samu Araújo e Javi Rey ían ter minutos en Asturias, o adestrador granate contestou Hay que darle una vuelta a todo cuando hay dos partidos en los que no consigues victoria. En este sentido, algún cambio puede ser que haya”

O partido #ante o Real Avilés celebrarase este domingo 21 de novembro en Estadio Román Suárez Porta a partir das 12:00 horas. Dirixirá o encontro o Aitor Barrio Salgas, da federación vasca.

Anterior

Vota por los mejores ante el CDA Navalcarnero

Jaichenco e Romay viaxarán a Avilés co resto do equipo

Seguinte

Deixa un comentario