Álvaro Bustos non renova co Pontevedra

| | Uncategorized @gl

Acabouse o culebrón do verán: Álvaro Bustos dixo que non ao Pontevedra e vaise ao Real Racing de Santander. O futbolista asturiano foi un das historias máis comentadas, con permiso de Charles, da Segunda B española. E é que a pesar de que desde Pasarón non se deu nunca por perdido a Álvaro, as últimas negociacións co xogador e o seu representante non chegaron a bo porto, escollendo os dous irse ao equipo da capital cántabra.

Ao longo das últimas semanas, moitos foron os rumores que poñían a Álvaro noutros equipos. Racing de Ferrol, Estremadura e, sobre todo, Racing de Santander, equipo que finalmente foi o escollido. Os motivos da súa marcha son, principalmente, económicos. A oferta dende Cantabria sempre foi moi superior ao do Pontevedra e, pese a que o xogador e representante dixeron que sí polo menos en dúas ocasións ao Pontevedra, sempre había observacións que non convencían ao xogador e impedían a renovación.

O xogador despediuise nas redes sociais a través dunha mensaxe directa, argumentando que a súa marcha é debida ás “circunstancias extraordinarias que vivimos (…) me han hecho entender que si lo profesional es importante, lo personal también lo es”. Pese as súas verbas, está claro que o primeiro importou mais que o segundo.

Na búsqueda doutro senior

Coa negativa de Bustos, ao Pontevedra se lle abre a porta á busqueda dunha ficha senior que complete o cupo que ten o equipo na Segunda B. O máis probable é que a dirección deportiva anuncie nas próxima semanas un novo central que complete a defensa granate, pero a posibilidade de incorporar a un lateral esquerdo (coa posible marcha de Naveira) ou outro extremo tamén está enriba da mesa.

Anterior

Oier Calvillo súmase á plantilla granate

O Pontevedra anuncia a fichaxe do extremo Jorge Fernández

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version