Adrián Cruz rompe o nariz e será baixa o que resta de ano

| | Noticias

Tardaban en chegar as lesións ao persoal do Pontevedra e non puideron aparecer da peor maneira posible: Adrián Cruz rompeuse os ósos do nariz e será baixa entre 6 e 8 semanas. Ao parecer, segundo o reporte do club, durante o adestramento do 14 de novembro, nun choque con Rufo Adrián recibiría un duro golpe na cara provocándolle a rotura de parte dos ósos do seu nariz.

O reporte proporcionado polo Pontevedra Club de Fútbol aclara que o mediocentro sufriu unha “contusión intensa en nariz con epistaxis”, que rematou despois das diversas probas realizadas en diagnóstico de fractura de ósos. A pesar disto, os doutores aínda non puideron completar o diagnóstico e esperarán a este mércores a que baixe a inflamación para estimar un tempo de recuperación, xa que será nese momento cando se determine se a lesión necesitará operación ou non. De necesitala, a recuperación alongarase máis do habitual.

Pese á análise final da lesión, estímase que sexa entre 6 e 8 semanas de recuperación, polo que non veremos a Adrián Cruz vestido de granate no que queda de ano. Este contratempo vén despois de que Adrián comezase a aparecer como titular no medio do campo, polo que provocará que Ramos pense nun substituto, o cal podería ser Romay pero tamén hai unha posibilidade de ver a Borja saír de inicio nun partido por primeira vez esta tempada.

Veremos por fin o Plan B de Jesús Ramos coa ausencia de Adrián Cruz? Difícil dicilo, sobre todo porque a pesar de que Cruz non vai estar dispoñible, segue tendo a dúas pezas do taboleiro como Romay e Borja para seguir xogando o mesmo estilo que vimos esta tempada.

Anterior

El Pontevedra se lleva un punto en Zamora que podía haber sido más (0-0)

Hoxe é o último día para participar no sorteo de entradas para o Salamanca CF UDS

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version