Acerca de

PontevedraCF.Net é a comunidade de todos os afeccionados ao Pontevedra Club de Fútbol.

PCF.Net naceu no ano 2005, cando a afección granate non tiña ningún lugar na rede onde expresarse libremente. Comezou sendo un nun servidor gratuíto para despois, debido á demanda, mudarse a un espazo propio no que se rebautizó como PontevedraCF.Net para pasar a ser o o foro do Pontevedra Club de Fútbol. Debido á baixa actividade pola evolución da Internet, o foro desconectouse en abril de 2017 pasando toda a actividade da comunidade ás redes sociais.

Ao longo dos anos, PontevedraCF.Net evolucionou para adaptarse aos novos movementos da rede: seguimento en directo de play-off de ascenso, páxinas con contido multimedia ou novas versións do sistema de foros. Na actualidade, PontevedraCF.NET está nas redes sociais: o Twitter Twitter do Pontevedra CF é un dos máis seguidos, con máis de 6.000 followers e unha información detallada do club día a día. Tamén o é a páxina de Facebook de PontevedraCF.Net, onde se analizan todos os partidos e séguese a actualidade do club granate.

A web de PontevedraCF.Net nace no ano 2020 buscando a evolución natural de proporcionar información granate a todos os afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol.

Quen está detrás de PontevedraCF.Net?

No comezo PontevedraCF.NET foi creado por dous granates con moita paixón: Juan Milleiro e Manuel Quiroga. Na actualidade os contidos e a xestión da comunidade e redes sociais está feita únicamente por Manuel Quiroga (máis coñecido na rede como Manuls), consultor de márketing e contido dixital e granate dende que naceu.

Na actualidade o podcast do Pontevedra Club de Fútbol Fondo Norte o forman:

  • Pablo Cacheda
  • Manu Otero
  • Alex Davila
  • Manuel Quiroga

Como podo contactar con PontevedraCF.Net?

A través da nosa páxina de contacto, as nosas redes sociais que podes ver arriba á esquerda ou no correo a contacto@PontevedraCF.Net

* PontevedraCF.NET non ten ninguna relación co Pontevedra Club de Fútbol Sociedad Anónima Deportiva

Exit mobile version