Abelenda e Cacharrón dispoñibles contra o Mérida

| | ,

Noticias positivas desde a enfermería granate: Brais Abelenda e Pablo Cacharrón están dispoñibles para ser convocados no partido desta semana contra o Mérida AD.

Segundo comentou na rolda de prensa de onte xoves o técnico granate, Brais Abelenda está recuperado da sobrecarga muscular que lle impediu xogar contra a RB Linense a pesar de estar convocado.

Da mesma maneira, o gardameta Pablo Cacharrón recibiu esta semana a alta médica. E é que aínda que o cérbero xa levaba máis de tres semanas adestrando no verde, non foi ata esta semana que o equipo médico do Pontevedra CF considerou que estaba recuperado da operación no menisco interno do xeonllo á que se someteu a comezo de tempada. Con este alta, a elección de que Cacharrón viaxe a Mérida está nas mans de Antonio e as precaucións que queira tomar o técnico.

Estas dúas altas compleméntanse coas ausencias de Borja Domínguez e Samu Araújo por lesión. Da ausencia de Seoane e Alex Masogo nas convocatorias non houbo comentarios, polo que non se pode asegurar se non están a ser convocados por falta de ritmo, ausencia de alta médica (no caso de Seoane) ou decisións técnicas.

Anterior

Araújo sofre unha rotura fibrilar e será baixa contra o Mérida AD

Vota por los mejores ante la AD Mérida (2-0)

Seguinte

Deixa un comentario