A Xunta prohibe a asistencia de máis de 300 espectadores en Pasarón pero permíteos Santiago

| | Novas

Cumplíronse os peores presaxios. O DOG publicado onte mércores de madrugada reafirma as medidas para paliar a situación epidemiolóxica que está a vivir a comunidade autónoma. A orde, que se pode consultar nesta ligazón, non da lugar a dúbidas e limita a asistencia de espectadores a 300 cando sexa nun recinto aberto, polo que a non ser que haxa unha excepción debido ao protocolo deseñado polo Pontevedra CF, o partido contra o Unionistas so o poderán ver 300 persoas en Pasarón. Esta orde publicada no DOG ten unha validez de 14 días, polo que o derbi provincial ante o Celta B tamén se vería afectado por esta limitación de aforo.

Polo momento, o club non fixo ningunha declaración ao respecto pero é esperable que exista algunha comunicación para saber se haberá asistentes ao partido ante Unionistas, pero é de esperar que se faga a porta pechada, xa que é imposible con tan poucos días de marxe realizar algún tipo de decisión de quenes serán os que asistan ao partido.

A grave e inexplicable excepción de Santiago

A publicación do DOG ten unha excepción inexplicable. Se miramos a orde publicada especificamente para a comarca de Santiago, esta permite saltarse a normativa se o evento deportivo estaba planeado de antes e se celebrará entre o 22 e o 25 de outubro. Dicimos que é grave porque non ten sentido que a comarca de Santiago, sendo unha das zonas con incidencia epidemiolóxica máis grave, poida celebrar eventos deportivos e o resto de comarcas galegas non.

Anterior

Oier, Imanol e Romay escollidos como mellores xogadores do Racing – Pontevedra

O Pontevedra realizará un sorteo entre socios para ver ao Unionistas

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version