fbpx

A única combinación para que o Pontevedra se salve esta xornada

| |

Quedan tres xornadas nesta Fase de Permanencia en 2ªRFEF. Tres xornadas e nove puntos que van resucitar os transistores ao longo do territorio español e que van deixar a máis dun sen uña. Coa desexada 1ªRFEF sendo xa só un soño, o único obxectivo do Pontevedra Club de Fütbol é manterse en 2ªRFEF e salvar, dalgunha maneira, os mobles cun único descenso de categoría.

Aínda que aínda queda moito por decidir en todos os grupos desta Fase de Permanencia, o certo é que o Pontevedra CF podería salvarse nesta xornada se se dan as condicións adecuadas. É necesario lembrar que nesta atípica Fase de Permanencia sálvanse os dous primeiros de cada grupo e os catro mellores terceiros dos cinco grupos. É dicir, o peor terceiro dos cinco grupos descende á futura Terceira División. Aínda que hai que engadirlle a complicación de que hai equipos con máis partidos xogados na fase anterior que o resto (porque había grupos con máis equipos), o Pontevedra CF poderíase salvar en dous supostos:

1, Que o Pontevedra gañe ao Sporting, o Salamanca perda e o Izarra perda diante do Portugalete

Desta maneira, o Pontevedra quedaría con 33 puntos (se perdese os dous que quedarían), o Salamanca, actual cuarto do grupo con 26 puntos, non podería alcanzarnos gañando os seus dous partidos e o Izarra, gañando aínda os dous penúltimos partidos, empataríanos a 33 puntos, pero vendo a diferenza de goles (+4 el Pontevedra. y -6 el Izarra) o lóxico sería que o Pontevedra fose o mellor terceiro.

2. Que o Pontevedra gañe ao Sporting, o Salamanca perda e o Las Rozas non gañe

Esta combinación é igual que o anterior pero cambiando ao equipo vasco por un madrileño, o Las Rozas, que está agora mesmo terceiro con 26 puntos no Grupo V. Se perde ou empata o seu próximo partido #ante o VDE Xugo, o máximo que podería alcanzar sería 32 puntos, en caso de empatar, polo que o Pontevedra sempre sería mellor terceiro cos seus 33 puntos.

Se os granates queren celebrar a salvación canto antes só hai un obxectivo: gañar ao Sporting B o domingo en Pasarón. Todo o demais, sería atrasar e gañar en nervios nas tres xornadas que nos quedan da Fase de Permanencia en 2ªRFEF.

Anterior

3.000 personas podrán asistir a Pasarón contra el Sporting B

Escoge a los mejores jugadores del Pontevedra – Sporting B

Seguinnte

Deixa un comentario