fbpx

A última bala

| |

Despois do desesperante empate #ante o CD Guijuelo o Pontevedra Club de Fútbol enfróntase este domingo a partir das 16:00 horas ao Salamanca CF UDS, un equipo novo se falamos en cuestión de anos de historia, pero que ten unha organización detrás que xa quixesen outros equipos de Segunda B. E este equipo, amado e odiado case a partes iguais na cidade de Salamanca, é a nosa última bala.

O título de western que seguro se emitiu un sábado tarde na TVG vén perfecto para describir a situación dos granates, de Luisito e do Pontevedra Club de Fútbol como Sociedade Anónima Deportiva. Os granates, referíndome así aos que saen ao campo, teñen a súa última oportunidade para demostrar que son un dos mellores planteis da Segunda B como a presidenta dixo hai pouco máis dunha semana; Luisito ten este partido para ensinar aos que estamos ao outro lado que pode ser o salvador que o club necesita; e o club como SAD ten diante do Salamanca CF a súa última bala para non poñerse demasiado preto do bordo dun precipicio ao que non se quere caer, nin deportivamente nin sobre todo social e economicamente, xa que descender a Terceira División, a cal será a quinta división o ano que vén, pode supoñer moitas cousas que sinceramente non me atrevo nin a escribir.

Gustaríame dicir que os xogadores teñen que xogar sen presión e ao que saben, xa que seguro que desta maneira saen as cousas, pero a estas alturas éme imposible. Levamos desde o 22 de novembro sen gañar o liga, diante do Salamanca CF precisamente en Pasarón, iso son 83 días sen conseguir 3 puntos nunha liga tan corta que é case menos que un suspiro. Agora xa dan igual as oportunidades, dá igual como se xogue, dá igual se é Rufo o que mete o gol ou é un xogador salmantino en propia porta. O importante agora é gañar. Non hai outra. Quedan 5 partidos e todos van ser así. Finais a cara de can. Esperemos que as balas que temos no cargador non sexan de fogueo.

📸 Mónica Patxot, PontevedraViva

Manu Quiroga é un dos responsables detrás PontevedraCF.Net. Compaxina o seu traballo como Consultor e Desarrollador TIC coa súa paixón polo Pontevedra Club de Fútbol. Fiel a Fondo Norte, gustaríalle saír menos enfadado de Pasarón cando o Pontevedra perde, pero é algo que non pode remediar.

@Manuls

Anterior

¿Quiénes fueron los mejores jugadores en el Pontevedra – Guijuelo?

Escoge a los mejores jugadores del Salamanca CF – Pontevedra CF

Seguinnte

Deixa un comentario