A TVG ofrecerá todos os partidos do Pontevedra ante equipos galegos

| | Novas

No desconto e xa sonando a alarma pero por fin temos confirmación: a Televisión de Galicia emitirá todos os partidos do Pontevedra Club de Fútbol cando se enfrente a equipos galegos. Hoxe mesmo, a un día de comezar de maneira oficial a temporada da Segunda B, pechouse o último floco que quedaba, que era finalizar a negociación co Deportivo de La Coruña que levaba xestándose unhas semanas, xa que co resto de equipos, Celta, Coruxo, Ferrol, Compostela e Pontevedra, xa tiña un acordo previo que era válido para esta temporada.

Según conta La Voz de Galicia, o Deportivo aceptou finalmente a proposta da TVG despois dunha mellora económica na oferta, a cal tamén afectaría aos outros clubes galegos. Isto débese a que a Televisión de Galicia é un organismo público e, pese a ser unha cadea de televisión, debe rexirse polo interese xeral e non polas audiencias que un ou outro clube pode reportar.

Os outros partidos, en Footters

Con esta confirmación os granates xa sabemos onde poderemos ver todos os partidos de fora da casa, xa que o resto de equipos do Subgrupo A do Grupo I da Segunda B (Unionistas, Guijuelo, Salamanca e Zamora) poderanse ver na plataforma de pago Footters. Isto cumpliríase case na súa totalidade tamén nunha hipotética segunda fase da tempada, xa que Footters ten tamén os dereitos de case todo o Subgrupo B, puidendo ver os partidos de Numancia, Marino de Luanco, Valladolid Promesas, Lealtad, Langreo, Burgos, Cultural Leonesa e CD Covadonga.

Anterior

La Señora Lola es todo lo que el Pontevedra debería ser

Este ano ti escolles ao mellor xogador granate

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version