A Señora Lola será eterna en Pasarón

| | Noticias, Novas

Dolores Calviño, máis coñecida como a Señora Lola, será recordada con un mural ao lado de Pasarón. A obra, feita polo artista Yoseba Muruzábal, pintarase na parede lateral do edificio máis próximo ao Fondo Sur do estadio, sendo parte do programa do Concello de Pontevedra “A memoria das mulleres”, un programa que busca mellorar a paisaxe urbana e sacar á rúa e ao espazo urbano a memoria das mulleres da cidade.

O mural estará composto por dúas imaxes: un retrato da señora Lola a partires dunha fotografía facilitada pola familia e unha imaxe da señora Lola cos brazos erguidos celebrando un gol e suxeitando unha bengala de fume, a partires dunha foto proporcionada polo arquivo do Diario de Pontevedra e da autoría do fotógrafo Miguel Vidal.

A Señora Lola é toda unha institución no clube. Todos os que pasaron fai anos vestindo a elástica granate a recordan como unha muller afable, con algo de xenio e sempre preocupada polos seus xogadores. Ela era a encargada da lavandería pero, según contan os que a coñeceron, ocupábase de moito mais dentro do clube, preocupándose polo todo o que ocorría e sempre intentando axudar a todos os que pertencían ao club de algunha ou outra maneira. Para moitos, Lola era como unha segunda nai, tendo sempre un sorriso na cara e axudándoos sempre.

Yoseba Muruzábal, o artista detrás das superavoas

Yoseba Muruzábal é un artista santiagués afincado en Santiago de Compostela considerado como un dos máximos expoñentes da arte contemporánea galega. Unha das súas accións artísticas máis coñecidas son as superavoas, pinturas a tamaño xigante de mulleres de avanzada idade facendo de superheroes con diferentes tipos de poderes. Segundo as súas verbas, o mural da Señora Lola “será un mural diferente porque será a primeira vez que inclúa un retrato da protagonista e porque será tamén a primeira vez que pinte sobre unha superficie rugosa e ondulada”

Anterior

O partido ante a UD Ourense anulado pola situación epidemiolóxica

Análise das fichaxes do Pontevedra CF (Parte I)

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version