A RFEF dá a razón ao Pontevedra e o Xuvenil ascende a División de Honra

| |

Que este ano foi unha situación moi estraña para todos os equipos de fútbol todos témolo claro, pero o que pasou o equipo Xuvenil do Pontevedra Club de Fútbol foi outro nivel. O pasado domingo os granates gañaban ao Alondras CF por 4-0 e, a pesar de quedar primeiros da súa liga, descoñecían se ascenderan a División de Honra. A razón? Unha contradición entre a normativa oficial da RFEF e interpretacións dos diferentes artigos da normativa.

Tal foi a confusión que mesmo o Coruxo FC, a través da súa conta de Twitter, celebrara o ascenso. Pero nada máis lonxe da realidade. Tal e como defendía o Pontevedra Club de Fútbol, hoxe o Xuíz Único de Competición ha resolvido a disputa entre os dous equipos dando o ascenso ao equipo Xuvenil do Pontevedra Club de Fútbol.

Unha lea de contradicións

E é que o Coruxo FC defendía que, ao estar os dous equipos empatados a puntos, o enfrontamento directo entre os dous equipos debían contar, polo que a balanza caía cara a eles. Con todo, os granates argumentaban que ao ser a segunda fase a unha soa volta, debía contar o gol average xeral xa que os equipos, debido a xogar diferente número de partidos en casa e fóra, non estaban nas mesmas condicións.

E isto mesmo, a diferenza de goles, é o que argumentou o Xuíz Único de Competición para fallar a favor do Pontevedra Club de Fútbol. Segundo as súas propias palabras, «En consecuencia, o empate existente entre os citados clubs debe resolverse a favor do Pontevedra C. F. pola maior diferenza de goles tendo en contta todos os encontros do campionato»

Desta maneira, o equipo Xuvenil do Pontevedra Club de Fútbol ascende a División de Honra. O equipo vigués, de estar en desacordo, tería que elevar a súa queixa a outros estamentos xa que esta decisión esgota a vía federativa tal e como comenta o Xuíz Único no seu fallo.

Foto | @PontevedraCFSAD

Anterior

La RFEF da la razón al Pontevedra y el Juvenil asciende a División de Honor

Churre renova co Pontevedra CF

Seguinte

Relacionado

Competición no admite ninguna de las protestas del CD Numancia

El Comité de Competición de la Real Federación Española de Fútbol ha resuelto la controversia surgida tras el intenso duelo entre el Pontevedra y el ... Read more

Entrada gratis para acompañante para ver el partido contra el Coruxo FC

Este domingo 23 de marzo a las 17:00 horas, el Estadio Municipal de Pasarón será el escenario de un nuevo partido de la Segunda RFEF ... Read more

Deja un comentario

Salir de la versión móvil