A Nosa Voz

| | Columna Granate

Desde o comezo desta tempada en PontevedraCF.Net estivemos usando o hashtag #ATúaVoz como representación do que somos. PontevedraCF.Net naceu fai xa uns cuantos anos como un foro onde cada siareiro e siareira podía expresarse da maneira que quixese, podía alzar a súa voz e dicir o que pensaba sobre o club e a actualidade granate sen reparos. Moito choveu desde aquela e aínda que agora todos temos un pequeno foro persoal nas nosas redes sociais, sempre me gustou pensar que PontevedraCF.Net é un espazo onde se defendeu o sentir da afección e no que nunca nos calamos as cousas.

Esa voz, a túa voz, a miña voz, a nosa voz quere agora mesmo gritar, buscar os peores adxectivos e dicirllos aos que cada un cremos que son os responsables do estrepitoso fracaso que está a ser esta tempada. Todo o que teña algo de granate nas súas veas ten esa voz dentro que está a desexar saír e gritar aos catro ventos por que pasou esta horrible tempada. Pero aínda que nos doia o peito das ganas, debemos tentar contelas e redirixir esa ira cara a un obxectivo común: conseguir a permanencia.

E é que aínda que agora estamos enfadados e só queremos matar, en sentido literario, aos culpables, é necesario que o domingo diante do Oviedo Vetusta Pasarón mostre o que é o Pontevedra CF, o que somos nós e o que é o sentimento granate. Porque os Rufo, Lupe, Charles e Feáns nalgún momento iranse e temos que ter claro unha cousa: eles non son o Pontevedra CF. O Pontevedra CF somos nós, os que imos ao campo domingo tras domingo, os que cando volves de Pasarón pregúntanche «como quedou o Ponte» e mesmo os que se apuntan a última hora cando o equipo consegue algún éxito. O Pontevedra CF é Pontevedra e é noso, de ninguén máis e se o queremos, debemos defendelo o domingo que vén como sabemos: animando aos nosos xogadores e metendo presión a un filial que seguramente non viviu un estadio de verdade gritándolles como se fai en Pasarón.

Por iso desde estas humildes liñas gustaríame pedir a todo granate que vaia a Pasarón o domingo que durante os 90 minutos use a súa voz para conseguir o obxectivo: ser o xogador número 12 que consiga que manteñamos a categoría.

Que se escoite A Nosa Voz.

Manu Quiroga es uno de los responsables detrás PontevedraCF.Net. Compagina su trabajo como Consultor y Desarrollador TIC con su pasión por el Pontevedra Club de Fútbol. Fiel a Fondo Norte, le gustaría salir menos enfadado de Pasarón cuando el Pontevedra pierde, pero es algo que no puede remediar.

@Manuls

Anterior

Escoge al mejor jugador del CD Lealtad – Pontevedra CF

Vota por los mejores jugadores del Pontevedra CF – Oviedo Vetusta

Seguinnte

Deja un comentario

Salir de la versión móvil