A liga volve a Pasarón cun Unionistas con moitos quilómetros encima

| |

Sete meses. Sete meses tivemos que esperar para volver ver o balón rodar en Pasarón. Lonxe queda xa aquel 1 de marzo no que puidemos ver o primeiro hattrick de Rufo ante o Real Madrid Castilla de Raúl González Blanco. Parecía que non ía chegar nunca pero por fin poderemos ver aos granates de novo o Pasarón, e o faremos nunha nova liga, cunha nova estructura pero ante un rival que xa coñecemos: o Unionistas.

O equipo herdeiro sentimental da desaparecida UD Salamanca chega á capital das Rías Baixas despois de gañar 2-0 na primeira xornada á SD Compostela. Chega a Pontevedra con moitos quilómetros encima, ya que despois de xogar o mércores ante a UD Melilla pola Copa Federación, tocoulle recorrer mais de 500 quilómetros en bus para chegar a Pontevedra. O equipo salmantino ven con todos os seus xogadores dispoñíbeis, pero co cansancio físico de facer tantos quilómetros o o mental de perder a súa eliminatoria da Copa.

En canto ao Pontevedra CF, Jesús Ramos ten tamén a todos os xogadores dispoñíbeis. Despois da victoria con suficiencia ante o Ferrol, os granates tentarán asaltar o liderato anecdótico que posúe agora mesmo Unionistas. O fará ante só 300 afortunados aficionados, xa que despois das restriccións postas pola Xunta de Galicia esta semana, so está permitido a asistencia de ese número de espectadores, os cales foron escollidos mediante o sorteo celebrado ante notario este venres.

Anterior

El Pontevedra realizará un sorteo entre socios para ver al Unionistas

La Liga vuelve a Pasarón con un Unionistas con muchos kilómetros encima

Seguinte

Relacionado

El Pontevedra CF – CD Numancia se jugará el miércoles 19 de marzo

Ya tenemos hora para el partido suspendido entre el Pontevedra Club de Fútbol y el CD Numancia. El Juez Único de Competiciones No Profesionales ha ... Read more

El Pontevedra CF ficha al delantero Miguel Cuesta del Marino de Luanco

Sorpresa en las filas granates. Cuando todos los ojos estaban puestos en otro tipo de jugadores, el Pontevedra CF ha pescado en el propio grupo ... Read more

Deja un comentario

Salir de la versión móvil