Que é PontevedraCF.NET?

PontevedraCF.NET é a comunidade de todos os afeccionados ao Pontevedra Club de Fútbol.

PCF.NET naceu no ano 2005, cando a afección granate non tiña ningún lugar na rede onde expresarse libremente. Comezou sendo un nun servidor gratuíto para despois, debido á demanda, mudarse a un espazo propio no que se rebautizó como PontevedraCF.NET para pasar a ser o o foro do Pontevedra Club de Fútbol. Debido á baixa actividade pola evolución da Internet, o foro desconectouse en abril de 2017 pasando toda a actividade da comunidade ás redes sociais.

Ao longo dos anos, PontevedraCF.NET evolucionou para adaptarse aos novos movementos da rede: seguimento en directo de play-off de ascenso, páxinas con contido multimedia ou novas versións do sistema de foros. Na actualidade, PontevedraCF.NET está nas redes sociais: o Twitter Twitter @PontevedraCF é un dos máis seguidos, con máis de 6.000 followers e unha información detallada do club día a día. Tamén o é a páxina de Facebook de PontevedraCF.NET, onde se analizan todos os partidos e séguese a actualidade do club granate.

Quen está detrás de PontevedraCF.NET?

No comezo PontevedraCF.NET foi creado por dous granates con moita paixón: Andrés Milleiro e Manuel Quiroga. Na actualidade os contidos e a xestión da comunidade e redes sociais está feita únicamente por Manuel Quiroga (máis coñecido na rede como Manuls), consultor de márketing e contido dixital e granate dende que naceu.

Como podo contactar con PontevedraCF.NET?

A través do correo electrónico: contacto@pontevedracf.net

* PontevedraCF.NET non ten ninguna relación co Pontevedra Club de Fútbol Sociedad Anónima Deportiva